OS CATRO GATOS espazo para a arte

" Os Catro Gatos " é unha iniciativa artística que nace das mans dos artistas plásticos Inés Silvalde e Delio Sánchez, en febreiro de 2017 en Santiago de Compostela, como un espazo de autoxestión artística. 

O inicio de esta andadura xorde coa necesidade de buscar un lugar no que desenvolver a parte física dos seus proxectos artísticos individuais. Pero son as inquedanzas artísticas e culturais dos seus xestores as que os levan a emprender un proxecto máis amplo en común: crear un espazo no que poder mostrarse como artistas plásticos pero tamén no que acoller as iniciativas doutros creadores nun ámbito de colaboración .

 

Ámbolos dous senten a necesidade de beber doutras fontes artísticas e enriquecerse con elas. O seu obxectivo principal é crear un lugar ameno, amable, accesible e próximo no que, calquera que sexa a condición dos visitantes, atopen un oco nos catro Gatos. Deste xeito, os escasos 32 m2 que alberga esta sala taller dinamízanse con presentacións de libros, obradoiros artísticos, artes escénicas e musicais, recitáis poéticos, etc..

 

 

Podedes visitar Os Catro Gatos de martes a sábado en horario de 18:00 a 21:00H

Clic