Juan de la Rica - Espellismos

 

" E o taller de Elstir aparecéuseme cal laboratorio dunha especie de nova creación do mundo, onde sacara do caos en que se achan todas as cousas que vemos, pintándoas en diversos rectángulos de teas que estaban colocados en todas formas: aquí, unha ola que esmagaba colérica contra a area a súa espuma de cor lila; alá, un raparigo, vestido de dril branco, posto de cóbados na ponte dun barco. A americana do novo e a salpicadora ola cobraran nova dignidade polo feito de que seguían existindo, aínda que xa non eran aquilo en que aparentemente consistían, posto que a ola non podía mollar e a americana non podía vestir a ninguén " Marcel Proust.


NOTA DE PRENSA:

Juan da Rica (Bilbao, 1979), pintor que vive e traballa en Bilbao. Licenciouse en Belas Artes pola Universidade do País Vasco e, desde entón, realizou numerosas exposicións individuais e colectivas, tanto a nivel nacional como internacional. Recentemente, fichou coa galería Sebastien Adrien de París. A súa pintura caracterízase polas formas sintéticas e as cores planas e saturadas, o que lle confire unha estética tipo cómic, próxima aos plantexamentos da Arte Pop. Xeralmente, aborda os temas desde un punto de vista irónico, e cun marcado carácter lúdico. Espellismos é unha selección de lenzos de pequeno e mediano formato, que percorre o traballo dos últimos catro anos. 

A exposición poderá visitarse desde o 7 de Xullo ata o 4 de Agosto, na Sala Os Catro Gatos en horario de 18 a 21h de martes a venres, e os sábados pola mañán de 11 a 14h. Parte deste exposición pódese ver tamén en A Quinta Parede de Os Catro Gatos, ubicada na Libraría Os Mundos de Carlota, da rúa de san Pedro. Haberá presentación do artista na libraría o vindeiro sábado 7 de  Xullo ás 13h, e posterior inauguración en Os Catro Gatos, ás 21h.