D E L I O    S Á N C H E Z

PINTOR - ESCULTOR - AUDIOVISUAL

Nacer preto do mar, é nacer ben. O noso mar é pródigo en historias de aventuras e imaxinacións. As Rías Baixas Galegas son unha paraxe nada da man da Nai Natureza, que a apoiou sobre a terra cando a creou, e por tanto, as mulleres e homes que nacen nas súas beiras son misteriosos e soñadores. Como Delio Sánchez, que desde neno quixo levar aos seus papeis e lenzos a natureza exhuberante do mar e o acougo das  rúas empredadas da súa Vila Medieval, Noia. Aquela querenza por absorber a beleza da súa terra non lle abandonou nunca e os azuis e grises dos ceos, o aceiro do mar bronco ou o esmeralda das súas praias brancas, o unxiron de paixón creativa. Delio, apaixonado do Jazz, pinta tocando xa sexa suaves melodías do ambiente do Club, interiores con músicos desvelados ou ben estrepitosas obras expresionistas de acción impulsiva con cores primarias que se refregan nun caos primixenio. Inspíralle por tanto a natureza e o home inmerso nela, a música do home e a do mar rumboso, inspíralle a paixón, o sinxelo e o rústico. Pero tamén Nova York, cidade global, onde atopa todo o anterior nun só escenario e onde viaxa cando o corpo e a alma llo pide. Nada escapa ao seu pincel, nin aos seus modelados en escultura, que arrincados da terra, dan vida a formas terreais vestidas de ferros oxidados e graníticas pedras. Todo o absorbe e transforma para que alguén mais, poida gozalo nas súas obras. (J.L.Iglesias Diz) 

Delio Sánchez no obradoiro Os Catro Gatos traballando na serie Papílicos Ferrílicos
Delio Sánchez no obradoiro Os Catro Gatos traballando na serie Papílicos Ferrílicos