II CONVOCATORIA INTERNACIONAL

OS CATRO GATOS, PARA PROxECTOS EXPOSITIVOS EN 2019


LISTA DE PRESELECCIONADOS

 

PEDRO CABO

TERESA CHARLÍN

MARIA LAPIDO

XABIER LIZ

EDUARDO PORTELA

FRAN RIVEIRO

ANGELI RIVERA

PABLO TOMÉ

 

A LISTA DEFINITIVA DE SELECCIONADOS SERÁ PUBLICADA O DÍA 11 DE DECEMBRO


Co obxectivo de dar apoio á creación emerxente, OS CATRO GATOS abre a Convocatoria para o programa de Exposicións en 2019.

 

  • Por medio desta convocatoria seleccionarase o 80% da programación da sala.
  • A convocatoria está dirixida a artistas, creadores e colectivos, con traballo principalmente en 2 dimensións por cuestións propias do espazo, que teñan como linguaxe as artes plásticas contemporáneas (pintura, escultura, instalación, videoarte, fotografía, etc.), en pequeno e mediano formato.
  • As disciplinas en 3 dimensións ou de carácter diferente ao estipulado anteriormente serán tomadas en consideración en función da temática realizada e a disposición do proxecto na sala de exposicións.
  • Buscamos proxectos pensados para ser mostrados en OS CATRO GATOS tendo en conta tanto as características do espazo expositivo, como que non fosen expostos en Santiago de Compostela anteriormente.
  • A selección farase segundo criterios de calidade artística, orixinalidade, viabilidade técnica e adecuación á liña de traballo de OS CATRO GATOS. Valoraranse positivamente as propostas que expoñan unha montaxe completa, experimentando con novos formatos e tratando de ofrecer unha proposta innovadora, así como as actividades complementarias ao proxecto expositivo (charlas, proxeccións, talleres, publicacións, etc.).
  • Os proxectos seleccionados expoñeranse en OS CATRO GATOS durante o ano 2019 e contarán co apoio do espazo para a montaxe, a difusión e o desenvolvemento da exposición que terá unha duración de 30 días .

A continuación atoparás toda a información e detalles para presentar o proxecto.


PROCESO DE SELECCIÓN

As propostas seleccionadas definiranse nun proceso de 2 fases:

 

Pre-selección -20 poxectos* -

Un xurado de pre-selección formado por xestores culturais, deseñadores e artistas de distintas disciplinas, achegará os seus coñecementos e experiencia á hora de avaliar os proxectos.

* Pre-seleccionaranse un máximo de 20 proxectos.

 

Selección Final - 7 proxectos -

De entre todos os pre-seleccionados, o equipo de OS CATRO GATOS seleccionará ata 7 proxectos que darán forma á Programación de Exposicións de OS CATRO GATOS de 2019.


CALENDARIO

Recepción de proxectos: Do 1 de Xuño ao 31 de Outubro de 2018

Período de Selección:

  • Fase 1: Preselección - Do 1 ao 20 Novembro de 2018
  • Fase 2: Selección Final - Do 21 de Novembro ao 10 de Decembro de 2018

Publicación Pre-seleccionados: 21 de Novembro de 2018

Publicación Seleccionados: 11 de Decembro de 2018

Exposición de Proxectos seleccionados: Entre o 1 de Xaneiro e o 31 de Decembro de 2019

 

XURADO DE PRESELECCIÓN

Vicente Prego. Lcdo. en BBAA. Graduado artes e oficios. Artista plástico e docente.

Santiago de Compostela.

Olalla Cortizas Varela. Dra. en BBAA Docente en Facultade de ciencias da educación.

Santiago de Compostela.

María Magán Lampón, Dra. en BBAA. Directora de La Doce ( espazo arte ).

Artista plástica. Boiro.

Sara Pérez Bello. Directora de Apo`strophe Sala de Arte. Xestora cultural, pintora. Vigo

Endika Basaguren. Dr. en BBAA. Artista plástico. Bilbao.

Rebeca Lar. Grad. en BBAA. Artista plástica e investigadora. Vigo.

Afonso Sestelo. Fotógrafo. Santiago de Compostela.

Fernando Martíns. Pintor - Escultor. Coimbra, Portugal.

 

XURADO DE SELECCIÓN FINAL

Inés Silvalde. Lcd. en BBAA. Graduado en Artes e oficios, Artista plástica.

Co-directora de Os Catro Gatos , Santiago de Compostela.

Delio Sánchez. Graduado en Artes e oficios, Artista plástico.

Co-director de Os Catro Gatos , Santiago de Compostela.


¿ CÁNDO SE PoDEN PRESENTAR AS PROPoSTAS ?

O período de recepción de proxectos é do 1 de Xuño ao 31 de Outubro de 2018 (ambos incluídos).

  • Non se valorarán portafolios, só os proxectos exclusivamente propostos para a convocatoria.
  • Rógase enviar o proxecto unha soa vez.
  • Para resolver dúbidas ou outras cuestións contactade a: comite.oscatrogatos@gmail.com
  • A participación nesta convocatoria implica o coñecemento e a plena aceptación das súas condicións. OS CATRO GATOS resérvase o dereito de resolver todo aquilo non previsto nestas bases, incluída a posibilidade de variar o número final de seleccionados se a calidade dos proxectos presentados non se adecua aos obxectivos da programación de exposicións, así como de propoñer modificacións que poidan mellorar a súa realización.

¿ CÓMO PRESENTAR OS PROxECTOS EXPOSITIVOS ?

Para participar na convocatoria hai que cubrir  ESTE FORMULARIO


Descarga
plano sala .pdf
Documento Adobe Acrobat 900.2 KB

A sala. Algunhas Exposicións pasadas