EXPOSICIÓNS 2018


JOHN EASTHAM. BOXquexo

 

 A través de un proceso de reciclaxe de caixas de cartón, John Eastham foi construindo ao longo da última época, unha gran seleción de bosquexos, a veces inspirados por un mundo onírico, a veces pola sua propia realidade., 

 

BOXquexo, como xogo de palabras, fai por tanto referencia a eses bosquexos en soporte de cartón.

 

John Eastham, de nacionalidade inglesa, leva xa moitos anos afincados en Santiago de Compostela, sendo xa un referente no mundo das artes plásticas galegas. 

CLICK na foto para VISITA VIRTUAL 360º da exposición. Ofrecido por ASESTELO fotografía.


María Rivero. Derivas vitais, camiños irregulares.

 

Dun trazo ás tres dimensións, Do debuxo á escultura, ao obxecto, ao espazo, á instalación. De dentro cara a fóra e de fóra cara a dentro Como un libro aberto, esta é a miña maneira de expresar como vexo o mundo e a vida a través dos meus ollos e as miñas mans.

 

Como un libro aberto, esta é a miña maneira de expresar como vexo o mundo e a vida a través dos meus ollos e as miñas mans. Derivas Vitais, Camiños irregulares é unha proposta a través da cal se narran pequenas historias, derivas e camiños percorridos por obxectos, por persoas e pola sociedade mesma. Atopámonos con toda unha serie de lugares escultóricos e gráficos habitados, adaptados a unha escala ou máis ben, a un xogo de escalas. Cada libro-obxecto describe un nexo de unión entre a obra gráfica e a escultórica de mediano ou gran formato xerando así unha serie de obras que forman parte de camiños que non acaban e de proxectos vivos que se adaptan, van crecendo e madurando comigo e co expectador.

CLICK na foto para VISITA VIRTUAL 360º da exposición. Ofrecido por ASESTELO fotografía.


MARISA CALDERÓN - O fío da memoria

 

“OS OLHOS DA NOSSA MEMÓRIA VÊEM MELHOR DO QUE OS NOSSOS”

Metro Saldanha, Lisboa Sara Canaverde

 

Esta mostra de pintura abrangue traballos feitos dende o ano 2014 ata hai uns meses.

Nela recóllense os recordos que saen a revivir rescatados dende vellos papeis gardados nun caixón.

Dende o primeiro momento a intención foi “fabricar” un libriño de autor coas novas composicións de recordos, ligados a textos lidos e interiorizados pola autora desta obra.

Coma sempre, unhas cousas levan a ootras e algunhas das páxinas foron fonte de inspiración da obra de gran formato.

O óleo é o protagonista, aínda que mesturado con outras técnicas en mestizaxe amistoso.

A linguaxe abstracta con referencias figurativas nalgún caso e, noutros, con referencias as sensacións que provocan os textos que as acompañan.

Un conxunto de obras líricas, que non chamaríamos intimistas, que reflicten o poder da memoria e semellan un laberinto de emocións universais a través dos ollos da autora.

CLICK na foto para VISITA VIRTUAL 360º da exposición. Ofrecido por ASESTELO fotografía.


JUAN DE LA RICA - Espellismos.

 

" E o taller de Elstir aparecéuseme cal laboratorio dunha especie de nova creación do mundo, onde sacara do caos en que se achan todas as cousas que vemos, pintándoas en diversos rectángulos de teas que estaban colocados en todas formas: aquí, unha ola que esmagaba colérica contra a area a súa espuma de cor lila; alá, un raparigo, vestido de dril branco, posto de cóbados na ponte dun barco. A americana do novo e a salpicadora ola cobraran nova dignidade polo feito de que seguían existindo, aínda que xa non eran aquilo en que aparentemente consistían, posto que a ola non podía mollar e a americana non podía vestir a ninguén " Marcel Proust.

CLICK na foto para VISITA VIRTUAL 360º da exposición. Ofrecido por ASESTELO fotografía.


SARA BELLÉS - PRIMAVERA.

 

Con temperaturas máis suaves 

e máis horas de luz,

inician o seu renacemento,

en plena ebulición

empezan a florecer

                                        ao fin volven brotar.

 

 

Primavera, é o nome da exposición da artista Sara Bellés, que entre os días 1 e 30 de Xuño, poderase atopar espazo Os Catro Gatos. 

A mostra está formada por un amplo número de pinturas de diferente formato creadas mediante técnica mixta, facendo uso da acuarela, o acrílico, a tinta e a lixivia, e que falan do renacer, fai unha oda a aquelas mulleres que atrapadas por un machismo inxusto e cruel, florecen e volven vivir, fortes e belas. 

Todos estes retratos femininos foron creados dunha maneira moi fresca, intuitiva, sen pretensións e con moita naturalidade. 

Sara Bellés (1989) é unha artista nada nun pequeno pobo de Castelló, chamado Benlloch. 

É licenciada en Belas Artes pola Universidade de Granada (2015) e técnica superior en Ilustración, e tamén en Gráfica Publicitaria. Actualmente atópase traballando nas súas obras máis persoais, mentres tanto combínao co seu traballo como ilustradora en diferentes 

publicacións. Sara Bellés forma parte dxs artistas seleccionados na nosa 1° Convocatoria Internacional para expos en 2018.

CLICK na foto para VISITA VIRTUAL 360º da exposición. Ofrecido por ASESTELO fotografía.


 

Zok.Art  - Algo

 

 

 

 Nunha sociedade enferma, onde a loucura é a nova cordura, seguimos "evolucionando" cara ao descoñecido.

 

Unha sociedade chea de estigmas, máis centrada na virilidade dos actos banais, que no seu propio coñecemento.

 

Unha sociedade segmentada en fraccións movidas polo odio, onde se esquece o valor do individuo e os seus pensamentos intrínsecos.

 

CLICK na foto para VISITA VIRTUAL 360º da exposición. Ofrecido por ASESTELO fotografía.


Rebeca Lar - Xuro, perxuro, conxuro

 

Pregunteime que somos,

que foron,

que son.

 A literatura, a cor negra, os sombreiros de pico,

o lume.

A fogueira e o castigo.

 Unha caza,

as perseguidas.

 

Ela é tan literaria, carnavalesca,

escura, sinistra, e tan real.

É (e son) a natureza, o primordial.

O cultural, o mito,

a crenza, a superstición,

a misoxinia.

 

Fomos rebeldes,

fatais,

temidas,

escondidas.

(O nocturno, o animal, o sexual).

Fomos malvadas, perversas, grotescas.

 

E o contracultural, o alleo.

Contestarias, independentes, loitadoras.

 

O símbolo do inxusto.

 

O medo,

e a resistencia. 

Xuro, perxuro, conxuro é un percorrido por distintas aproximacións formais a un mesmo concepto, a bruxa. Nese sentido, a mostra xorde como unha posible resposta desde a perspectiva de xénero ás preguntas que ela suscita.

Cargada de novos significados, bruxa non é xa únicamente a muller cunha gran nariz que voa sobre unha vasoira, viste de negro e leva sombreiro de pico. Bruxa é tamén, no seu sentido máis poliédrico, a menciñeira, a alcaiota, a muller fea e malvada, a mala e a madrasta dos contos populares, a muller real queimada ou torturada nos procesos de bruxaría históricos, a histérica, a muller fatal, a muller rebelde e independente.

Tódalas mulleres poden ser bruxas, e tódalas bruxas teñen espazo nesta mostra expositiva. 


 

Abe Rábade - Na Fronteira do Espello

 

Na Fronteira do Espello é unha exposición que consta de 19 imaxes fotográficas asociadas a cadanseu palíndromo. A intención ao asocialas é a de provocar un diálogo entre a elocuencia dunha imaxe e un texto en espello que introduce o humor, unha descrición ou un elemento contrapuntístico na conversa. Das 19 pezas, 17 teñen un texto en galego e 2 un texto en inglés.

Esta é a segunda exposición fotográfica de Abe Rábade, que xa fixera en 2016 a mostra “Covas de Luz”. O compositor e pianista compostelán dá un paso máis nunha exploración fóra do seu hábitat máis natural (a música), para seguir abondando nalgo no que sempre creu: a fronteira entre as artes debe ser constantemente atravesada en idas e vidas, porque nesas viaxes arriscadas reside en grande medida a posibilidade da evolución creativa.

As 19 pezas de Na Fronteira do Espello irán acompañadas durante a súa exhibición na Sala Os Catro Gatos de Compostela, pola proxección do Videopoema “AUGA”, unha curtametraxe de Rábade que mestura música, poesía e imaxe e comparte o sustrato estético e emocional desta colección de conversas da imaxe co reflexo das palabras.

CLICK na foto para VISITA VIRTUAL 360º da exposición. Ofrecido por ASESTELO fotografía.


 Ricardo de Barreiro - Amores Autodidactas

 

 RdeB, ou Ricardo De Barreiro, é un creador que leva desempeñando todas as súas facetas artísticas desde que tén uso de razón. Volcado na plástica, na poética e no mundo escénico desde o ano 1997, colaborou en multitude de proxectos. Como actor traballou en series como Matalobos, Luci, Augasquentes, ou Lo que escondían sus ojos, e en filmes como Lobos sucios, Encallados, El desconocido, Somos gente honrada, Celda 211, After, Los girasoles ciegos, La sombra de la ley, Pradolondo, 18 comidas, Vilamor, Carlitos y el Campo de los sueños, Pájaros de papel, ou Siete mesas de billar

francés.

O espazo compostelán Os Catro Gatos reabre as súas portas para, desta volta, permitir o mergullo na colección “AMORES AUTODIDACTAS”, de Ricardo de Barreiro. Unha exposición que consta de 35 obras de diferentes formatos na que os debuxos impulsivos a tinta negra sobre papel e os acrílicos coloristas co mar de fondo partillarán protagonismo nesta travesía polo mar máis suxestivo e bravío: o amor. O amor como pileta continente de emocións, como marea lunática e danzarina que todo o enchoupa, que todo perverte, que todo conmove, e que todo cura. 

“Amores Autodidactas” é unha experiencia para mergullar e deixarse levar.

O estilo plástico de RdeB é un estilo figurativo que parte moitas das veces de garabatos a tinta ou a lápis aos que lles vai dando forma e sentido ata convertelos en seres humanos, ou non, case sempre espidos e xeométricos. Todo un mundo ben orixinal que fan da obra de Ricardo de Barreiro unha obra moi recoñecible e na que unha/un se contaxia da súa característica máis definitoria: a sensibilidade. Agora, coa decisión de quen quere aprofundar nas mareas descoñecidas da vida, este creador  decide centrarse na súa faceta plástica e preséntanos “Amores Autodidactas”.

CLICK na foto para VISITA VIRTUAL 360º da exposición. Ofrecido por ASESTELO fotografía.