EXPOSICIÓNS 2017


Iglesias Diz " Máis ou menos (more or less) "

 

Hai unha pregunta temible para un artista cando alguén comenta diante dunha das súas obras: Como se che ocorreu isto? Ás veces poñémonos estupendos e empezamos a falar das intrigas mentais, as experiencias persoais e os avatares do mundo. Pero a resposta máis sinxela ou á que, polo menos para min resulta máis verdadeira é : Iso mesmo pregúntome eu. A miúdo sinto que o que enche a miña imaxinación é como a auga dunha fonte que brota dunha corrente inmensa, soterrada, fonda e como tal, invisible. Para o artista a súa obra é como ese chorro de auga limpa, fresca e apagadora da sede pero que procede de fonduras inaccesibles ao coñecemento. 

Na miña obra non hai un argumento profundo, sisudo nin complexo. É mais ben un proceso de comuñón entre o caos percibido e a pretensión lúdica de darlle algo de forma e mostrar a súa beleza oculta. (Non vedes que sempre caemos na mesma teima de explicalo todo)

Amo a cor, amo as materias do mundo, amo a diversidade humana, percibo o mundo como algo que me penetra de sensacións, síntome feliz de poder dedicar o meu tempo á fermosa tarefa de pintar e desexo que as vosas miradas atopen nestas obras, aventuras que nin eu mesmo puiden imaxinar.

Jose Luís Iglesias Diz

CLICK na foto para VISITA VIRTUAL 360º da exposición. Ofrecido por ASESTELO fotografía.


Natalia Horschovski. " Canto pesas ? "

 

"Canto pesas?" ese é o peso que soportamos de xeito invisible nas nosas costas de forma cotiá.

 O peso da tradición , do éxito, das expectativas propias e alleas, dos sonos , das ideas , das utopías, das institucións , dos anhelos.

Como tótems, esquivamos a cabeza para non chocar co peso do outro. Algúns tótems son como torres in nitas, pero fexibles que se adaptan de cando en vez a novas experiencias.

 Outros sen embargo, teñen unha base máis robusta, como chumbo , quizais teñan só un andar, pero aperta con maior forza as vértebras cervicais.

A acuarela neste caso, é unha mancha que non nos da opción a modi cap. Hai que aprender a vivir con ela, refugala e facer outra, ou amala. E moitas veces é unha fermosa casualidade que está aí para mostrarnos a vida con un espontáneo xesto.

 O lapis pode corrixirse con máis soltura, danos un maior control se aprendemos a súa técnica, como as emocións.

Canto pesas ? é un contraste entre aquelo que podemos controlar, e o que se nos escapa de todo control. Pode ser unha aguada, unha mancha espesa ou un trazo ben marcado e meditado.

Segundo o que nos toque transitar.

Natalia Horschovski.

CLICK na foto para VISITA VIRTUAL 360º da exposición. Ofrecido por ASESTELO fotografía.


Xerardo Crusat " seis veráns "

 

Sen dúbidas, Xerardo Crusat é un dos grandes creadores do panorama da plástica galega. Algúns din que Crusat é Crusat, inconfundible. Dende a experimentación con materiais reciclados (embalaxes de cartón, plásticos, etc.) mesturados con orgánicos, pasando polo land art e proxeccións dixitais, e unha concepción autónoma da figuración, Xerardo Crusat (un galego que naceu en 1949 en Compostela de pais catalans, dentro dunha familia de industriais, comerciantes e navegantes, e que abandonou a súa vida no mar con 30 anos para dedicarse á pintura) demostra unha vez máis o seu profundo compromiso vital coa arte, resultado dunha larga e constante carreira plástica dedicada á observación, e á experimentación.

CLICK na foto para VISITA VIRTUAL 360º da exposición. Ofrecido por ASESTELO fotografía.


Sebas Anxo " A "

 

Foron os anacos de madeira recuperados (salvados) de entre os descartes dun obradoiro de restauración na rúa do Rosario en Compostela, o xerme desta exposición. Durante o ano que a preparei, reutiliceinos de maneiras diversas, abrindo o camiño ao conxunto de obras que se mostran e que tomaron en xeral un claro sentido abstracto. Quixen afondar sobre aquel binomio “materia-forma” da miña anterior exposición xunto a unha buscada (incluso apaixonada) actitude lúdica, coa intención de renovar o proceso creativo propio. Nos “obxectos-escultura”, sitúo o resultado entre o respecto á forma encontrada na madeira e as intervencións de confrontación e comparación, temperándoo e outorgándolle á peza unha nova solución estética inusitada ou excéntrica. Quixen destacar a madeira en todo o conxunto expositivo, traéndoa a un primeirísimo plano para que exercese unha agradable e cálida influencia en asociación coas gamas de cores contrastadas pero suaves ao mesmo tempo.

 

SABER MAIS

CLICK na foto para VISITA VIRTUAL 360º da exposición. Ofrecido por ASESTELO fotografía.


 

Natasha Lelenco

" Adopta un señor importante "

 

Retratos pintados en " lonchas " de madeira, e que representan o narcisismo, a vaidade ou a avaricia. Rostros humanos que provocan certa empatía no espectador. Retratos combustibles, que acabarán na fogueira no remate final.

 

“Non son os outros os malos, porque todos somos os outros”

Arte que arderá en la noche de San Juan si nadie lo evita

CLICK na foto para VISITA VIRTUAL 360º da exposición. Ofrecido por ASESTELO fotografía.


Fernando Martíns

" Rostros "

 

Rostros de ilustres pintados a pincel ou con pedazos de papel,. Rostros Repetídamente Románticos Rebeldes Revolucionarios.

CLICK na foto para VISITA VIRTUAL 360º da exposición. Ofrecido por ASESTELO fotografía.


Nacho Costa Beiro

" a linguaxe calada "

 

Só as obras falan.

 

un percorrido por obras de diferentes épocas de este pintor Noiés, que nos amosa a súa maestría en diferentes técnicas e estilos sempre de corte expresionista.


Endika Basaguren

" Helmugak / Metas "

 

HELMUGAK nace do conflicto Sirio, e o mar toma un novo significado. Helmugak representa os soños e ilusións ás veces conseguidos ou non. O mar convértese en tumba, en fronteira. A través de video, instalacións e debuxos realizados mediante boli " bic " que representan a imaxe que unha persoa ve no mar, no momento no que se debate entre a vida e amorte por afogamento, o concepto de mariña que temos na sociedade actual varía

CLICK na foto para VISITA VIRTUAL 360º da exposición. Ofrecido por ASESTELO fotografía.