EXPOSICIÓNS 2018


 Ricardo de Barreiro - Amores Autodidactas

 

 RdeB, ou Ricardo De Barreiro, é un creador que leva desempeñando todas as súas facetas artísticas desde que tén uso de razón. Volcado na plástica, na poética e no mundo escénico desde o ano 1997, colaborou en multitude de proxectos. Como actor traballou en series como Matalobos, Luci, Augasquentes, ou Lo que escondían sus ojos, e en filmes como Lobos sucios, Encallados, El desconocido, Somos gente honrada, Celda 211, After, Los girasoles ciegos, La sombra de la ley, Pradolondo, 18 comidas, Vilamor, Carlitos y el Campo de los sueños, Pájaros de papel, ou Siete mesas de billar

francés.

O espazo compostelán Os Catro Gatos reabre as súas portas para, desta volta, permitir o mergullo na colección “AMORES AUTODIDACTAS”, de Ricardo de Barreiro. Unha exposición que consta de 35 obras de diferentes formatos na que os debuxos impulsivos a tinta negra sobre papel e os acrílicos coloristas co mar de fondo partillarán protagonismo nesta travesía polo mar máis suxestivo e bravío: o amor. O amor como pileta continente de emocións, como marea lunática e danzarina que todo o enchoupa, que todo perverte, que todo conmove, e que todo cura. 

“Amores Autodidactas” é unha experiencia para mergullar e deixarse levar.

O estilo plástico de RdeB é un estilo figurativo que parte moitas das veces de garabatos a tinta ou a lápis aos que lles vai dando forma e sentido ata convertelos en seres humanos, ou non, case sempre espidos e xeométricos. Todo un mundo ben orixinal que fan da obra de Ricardo de Barreiro unha obra moi recoñecible e na que unha/un se contaxia da súa característica máis definitoria: a sensibilidade. Agora, coa decisión de quen quere aprofundar nas mareas descoñecidas da vida, este creador  decide centrarse na súa faceta plástica e preséntanos “Amores Autodidactas”.

CLICK na foto para VISITA VIRTUAL 360º da exposición. Ofrecido por ASESTELO fotografía.