Condicións

Os Catro Gatos é un Espazo de autoxestíón rexentado por artistas plásticos cun formato de colaboración aberta con outros artistas .

 

As exposicións realizaranse cunha contraprestación colaborativa. OS CATRO GATOS cobrará un total de 150,00 €, en concepto de donación para cubrir os gastos de montaxe, o custo das postais, rótulo informativo, publicidade, e cátering de inauguración da exposición do artista seleccionado.

 

Os gastos de transporte, produción, enmarcación, pintura ou outros elementos necesarios para a montaxe expositiva corren a conta do artista.

 

Poderanse utilizar as paredes da sala como soporte sempre que o artista se encargues de volver pintar as paredes de branco, unha vez terminada a exposición.

 

OS CATRO GATOS comprométese a exhibir a obra do artista durante as datas acordadas, así como difundir e promover o seu traballo. ( 30 días aprox. )

 

A montaxe e desmontaxe serán realizados polo artista coa colaboración do equipo de OS CATRO GATOS.

 

Se o proxecto queda seleccionado, haberá que presentar imaxes de polo menos o 50% das obras para expoñer, información complementaria do proxecto e a información sobre a montaxe concreta un mes antes da inauguración da mesma, de non ser así, OS CATRO GATOS resérvase o dereito para anulala.

 

Se o autor o desexa, as obras orixinais poderán estar á venda, neste caso, OS CATRO GATOS levará unha comisión do 30%.

En caso de existir obra gráfica, reproducións, publicacións ou outros produtos, como actividades, talleres, etc, a comisión sobre venda será do 30%.

 

A participación nesta convocatoria supón a aceptación de todas as súas bases.